AVÍCOLA DE GALICIA
AVIGAL
En Avícola de Galicia levamos máis de 50 anos levando ás mesas dos nosos consumidores os produtos avícolas da mellor calidade. Durante estes anos adaptámonos ás novas tecnoloxías e fomos crecendo e evolucionando de xeito constante, coidando do mercado tradicional e estendéndonos a novos formatos de produto. Iso si, sen esquecernos nunca de promover o emprego, de garantir o benestar animal, de respectar o noso medio e de honrar a confianza dos nosos consumidores.
Ler máis
A nosas 130 granxas asociadas
O parque de granxas integradas de Avigal é un dos máis modernos de España. A idade media das explotacións é de 10 anos, e aproximadamente a metade delas ten menos de cinco anos. As demais adaptáronse ou están en proceso de modernización para cumpriren os estándares actuais de produción.
Leer máis
Certificacións de produto e de empresa
Calidad e medioambiente
Ben nas nosas granxas asociadas, ou ben na nosa fábrica de pensos para a alimentación dos nosos animais ou na nosa planta de sacrificio e despezamento, velamos constantemente por manter os mellores niveis de calidade, seguridade alimentaria e benestar animal.
Ler máis
PENSOS DE ELABORACIÓN PROPIA
Dispomos dunha moderna planta de elaboración de pensos que fornece as máis de 130 granxas que temos repartidas por toda Galicia. Empregando os mellores cereais e ingredientes naturais, moemos e formulamos os pensos en función das necesidades dos nosos animais, sempre mediante sistemas de última tecnoloxía.
Ler máis
VERTICALIZACIÓN E RASTREXABILIDADE
Integración desde a orixe
A estrutura integrada do grupo Vall Companys comprende desde a produción de pensos para o autoconsumo das súas explotacións gandeiras ata a investigación e o control exhaustivo dos procesos e da materia prima. Isto fai que o grupo sexa pioneiro en seguridade alimentaria. Desde xeito, Vall Companys dispón de todos os instrumentos para realizar unha rastrexabilidade total da carne e garantir unha calidade homoxénea en todos os produtos.
MÁXIMA CALIDADE DESDE A ORIXE
GRUPO VALL COMPANYS
O Grupo Vall Companys, fundado en 1956, é un grupo agroalimentario de carácter familiar e actualmente é líder en España. O modelo operativo do Grupo Vall Companys baséase na integración de todas as fases do proceso produtivo, así como no labor duns profesionais implicados e moi formados nos seus respectivos campos de actividade.