Avícola de Galicia. S.A.U. (Avigal)
A política e accións levadas a cabo en AVIGAL están orientadas á adopción dunha serie de actuacións que minimicen os riscos medioambientais. Para iso identifícanse e avalíanse os aspectos ambientais asociados á nosa actividade determinando cales son significativos para podermos actuar sobre eles.
Tales accións están enfocadas para implantarse nos procesos produtivos centrándose nas melloras tecnolóxicas posibles.
Neste sentido, AVIGAL dispón dun equipamento tecnoloxicamente avanzado que é eficaz do punto de vista enerxético, reduce consumos, aumenta a produtividade e xera a menor cantidade de residuos posible.
Seguindo esta liña de traballo, no 2021 logrouse reducir o consumo de auga nun sete por cento respecto ao ano anterior, es está previsto que se siga a reducir establecendo novas melloras no proceso. Do mesmo xeito optimizouse a eficiencia enerxética respecto ao ano anterior.
Na mesma liña de melloras, no 2022 estableceuse o obxectivo de minimizar a xeración de residuos, unha meta que se atinxiu ao reducir os lodos procedentes da depuración de augas de proceso.
Os obxectivos que se fixan para o ano 2023 céntranse no progreso do noso sistema de xestión monitorizando o control de aspectos ambientais. Ademais, tamén se prevé a implantación de plataformas informáticas que axilicen o seguimento do cumprimento dos requisitos legais aplicables.
“O noso obxectivo é facer partícipes os nosos provedores, clientes e consumidores, e a sociedade en xeral, do compromiso de protección do medio ambiente e da prevención da contaminación buscando as mellores solucións para levarmos a cabo unha xestión eficiente.”
Logros ambientais
En 2021 Avigal, como nos últimos anos, conseguiu un consumo responsable de recursos naturais, abastecemento de auga e enerxía; sendo, unha vez máis, por baixo dos índices xerais do sector.
Obxectivos xerais
A política de calidade, seguridade alimentaria e medio ambiente forma parte da política global da empresa. Mediante as directrices e métodos definidos no contexto do seu Sistema Integrado de Xestión,
Avícola de Galicia pretende alcanzar os seus obxectivos.
A asunción desta política e a responsabilización de todos na súa implantación son requisitos imprescindibles para cumprirmos a nosa misión e alcanzarmos os obxectivos previstos.
O Sistema Integrado de Xestión de AVÍCOLA DE GALICIA, S.A.U. establécese de acordo cos requisitos aplicables das seguintes Normas:
- IFS: International Featured Standards: Sistemas de xestión de seguridade alimentaria.
- Prego de condicións de Galicia Calidade.
- Cumprimento dos requisitos dos clientes.