Elaboración de pensos

A nosa fábrica de pensos, situada en Pontevedra, é unha peza clave no noso proceso de produción integrado. Aquí elaboramos a alimentación dos nosos animais controlando en todo momento a calidade e asegurando unha nutrición ideal para cada etapa do seu desenvolvemento.

control materias

CONTROL DE MATERIAS PRIMAS

No momento da recepción, realízase un rigoroso control da materia prima que chega ás nosas instalacións. Tomamos mostras para analizar os parámetros establecidos nos nosos sistemas de control de calidade e, se se verifica o incumprimento dos nosos estándares, a materia prima rexéitase.

fabricacion

FABRICACIÓN

Todo o proceso de fábrica, desde a recepción da materia prima ata a expedición do penso, está totalmente automatizado. Así garantimos a total rastrexabilidade dos lotes de penso, dámoslle seguridade ao proceso e evitamos incompatibilidades.

A alimentación dos nosos polos baséase en cereais, leguminosas e aceites de primeira calidade. Evitamos o uso de subprodutos e garantimos así a perfecta alimentación das nosas aves.

seguridad alimentaria

SEGURIDADE ALIMENTARIA

Analizamos periodicamente os cereais mediante NIRS (near-infrared reflectance spectroscopy), unha técnica non destrutiva coa cal comprobamos diferentes parámetros tales como proteínas, fibras, graxas, cinzas, humidade, amidón etcétera…

Tamén dispomos dun centro de desinfección autorizado para o noso transporte, e grazas a el garantimos a perfecta desinfección antes de cada carga con destino ás granxas.

CERTIFICACIÓN GMP+

FIRMES NO NOSO COMPROMISO COA ALIMENTACIÓN ANIMAL, OBTEMOS A CERTIFICACIÓN GMP+

Calidad

Avigal obtivo a certificación GMP+, que se aplica á produción de pensos. Trátase dunha certificación de calidade e seguridade alimentaria recoñecida internacionalmente, que garante que o penso que comen os nosos animais non xera ningún perigo na cadea alimentaria.

Recibir o certificado GMP+ supón avanzar un paso máis na bioseguridade animal e na seguridade alimentaria. Máis concretamente, a acreditación require a implementación de boas prácticas de fabricación e inclúe un plan de análise de perigos e puntos de control críticos.