"Producción en vivo, da granxa á mesa"
O sistema de produción que empregamos coñécese como sistema integrado de produción. É un sistema que nos permite ter un control estrito de todos os elementos da produción: pitos, materias primas, pensos, engorda…
Deste xeito, Avigal envía ás granxas os pitos dun día procedentes de galiñas do Grupo Vall Companys, e o granxeiro recíbeos na súa nave nunhas condicións determinadas e validadas polo servizo veterinario. Alí críanse
con pensos elaborados nas nosas instalacións de Pontevedra, e cóidanse ata que teñen o peso necesario para o sacrificio.
Durante todo o proceso, o gandeiro está permanentemente asesorado polo noso equipo veterinario.
Ademais, os medios de transporte, tanto de penso como de animal vivo, pertencen ao grupo, e o matadoiro en que se sacrifican é propio de Avigal, en Campañó.


Como son as nosas granxas?
Logramos a máxima eficiencia técnica e medioambiental con naves de ambiente controlado por ventilación lonxitudinal. Así proporcionamos unhas condicións de benestar animal óptimas, ao tempo que controlamos de xeito moi eficiente o ambiente das naves e reducimos considerablemente os custos enerxéticos.
Cales son os obxectivos de avigal vivo son los objetivos de Avigal vivo?

Axudamos a manter a poboación rural
Contribuímos a frear o despoboamento das zonas rurais ofrecéndolle á xuventude un contexto de traballo moderno e en plena natureza.

Mantemos a saúde e o benestar dos animais
Traballamos para asegurar os máximos estándares en todos os factores que afectan o benestar animal: densidade, calidade da cama, calidade do aire, luz etcétera…

Garantimos a bioseguridade nas nosas granxas
O noso departamento técnico responsabilízase tanto do control como da formación dos granxeiros.

Optimizamos o crecemento
das aves
Os nosos polos crecen ben grazas a un ambiente mellorado e a unha dieta natural e equilibrada, baseada en diversos cereais: trigo, millo, orxo, soia etc.