Un polo certificado é un polo criado e sacrificado con rigorosos estándares e controis de
calidade. Con alimentación vexetal e unha coidadosa selección que garante que todo o polo certificado cumpra os requisitos de calidade.
Rastrexabilidade: desde a granxa ata o
consumidor, podemos seguir todo o
proceso produtivo co número de rastrexabilidade.
¿Sabías que...?
Somos o que comemos
Porque ten tanta importancia a túa alimentación coma a das aves que consomes, en Bon Pollo apostamos pola saúde dos nosos polos.
- Grazas á súa alimentación 100 % vexetal. A mellor alimentación tradicional e vexetal, coas materias primas máis selectas.
- Grazas aos esixentes controis de calidade. Todo isto fai que o polo Gourmet sexa un produto de alta calidade co sabor de sempre.
- Debido ao seu incrible sabor. Os cereais como o millo, os aceites vexetais e as proteínas da soia danlle á carne un sabor exquisito e natural.
¿Qué significa este certificado?
- Alimentación vexetal:
- mínimo de 65 % de cereais: millo, trigo, orxo…
- Soamente aceites de orixe vexetal
- Oleaxinosas e leguminosas: soia, xirasol, chícharos…
- Vitaminas e minerais
- Rastrexabilidade: co número de rastrexabilidade presente en cada etiqueta podemos saber cal é a incubadora de procedencia, a granxa en que se criou, os lotes de pensos con que se alimentou, data e condicións de matanza… isto é, un seguimento do 100 % en cada animal.
- Minuciosa selección do produto finalizado..
- Controis de calidade frecuentes en todas as etapas do proceso: no nacemento, na crianza, no sacrificio e no produto final..