
Ter na súa vitrina un produto diferente, cunha carne tersa e todo o sabor do polo de sempre. Iso é o que lle ofrecemos co noso PÍO: un bocado gourmet que fará as delicias dos seus clientes.

PÍO É UN POLO DIFERENTE
POLA SÚA XENÉTICA E POLA SÚA CRIANZA

CRECEMENTO LENTO
O PÍO é dunha auténtica estirpe de crecemento lento, diferente dos que, vendidos como de «crecemento lento», en realidade son polos industriais sacrificados máis tarde.

APROVEITANDO OS NUTRIENTES
Cada un dos nosos animais desenvólvese con calma, aproveitando os nutrientes e converténdoos en carne, non en graxa.

ELABORACIÓN PROPIA
Nós elaboramos a alimentación dos polos PÍO na nosa planta de AVIGAL.

PENSOS VEXETAIS
Aliméntanse unicamente de pensos vexetais enriquecidos con vitaminas e minerais, e cun contido mínimo do 65 por cento de cereais, entre os cales predomina o millo.

GRANXAS GALEGAS
Os nosos polos PÍO críanse durante un mínimo de 56 días nas mellores granxas galegas.

Benestar animal
Cunha densidade de poboación que non supera as 14 aves por metro cadrado, cada polo críase nun ambiente confortable con controis de humidade, temperatura, luz, CO2 e amoníaco.
PÍO É UNHA OPORTUNIDADE
PARA A SÚA CARNICERÍA
- Pola súa maior marxe comercial.
- Porque é un produto diferente e de alta gama.
- Porque ofrece unha alimentación moito máis saudable.
- Porque se o proban, repiten.

CALIDADE E RASTREXABILIDADE
Todos os nosos polos proceden dun ciclo integrado de produción dentro do cal controlamos todas as fases, desde o nacemento dos animais e a súa cría en granxas 4.0 de última xeración, dotadas de sistemas telemáticos e procesos optimizados, ata o sacrificio, despezamento e envasado nas nosas instalacións. Por iso, o polo PÍO de Avigal ofrécelle a máxima calidade, con rastrexabilidade completa desde a orixe.
Produtos seleccionados

Bon Pollo Gourmet
Un polo certificado é un polo criado e sacrificado con rigorosos estándares e controis de calidade. Con alimentación vexetal.
Ler mais

Pazo de Pías
Un polo diferente, cunha carne consistente e un sabor intenso, que será unha delicia en todos os pratos en que estea presente.