Avigal
Vall Companys
Avigal
Todo sobre o polo


Todo sobre o polo
CURIOSIDADES
> A domesticación do polo
A domesticación do polo
A domesticación produciuse hai polo menos 7400 anos a partir dun grupo da área natural dos galos bankiva que se espallou en vagas tanto ao leste como ao oeste. Os primeiros restos arqueolóxicos indiscutidos de polos domésticos corresponden a uns ósos do 5400 a. C aproximadamente, asociados a un depósito de Chishan, na provincia chinesa de Hebei. Na rexión do Ganxes, na India, hai xa 7000 anos que os humanos aproveitaban os galos bankiva.

Así e todo, non se identificaron polos domésticos de máis de 4000 anos no val do Indo, a pesar de que aínda se debate sobre a antigüidade dos polos atopados nas escavacións de Mohenjo Daro.

É moi probable que os primeiros galos e galiñas chegasen a Occidente a través da ruta da seda. Por volta do 2000 a. C. chegaron a Oriente Medio. Polo ano 1500 a. C. os polos xa chegaran a Exipto. Logo se espallaron polo Mediterráneo e chegaron a Grecia e a Roma. Á remota península Ibérica trouxéronos os fenicios.

Nese momento xa se consumía a súa carne e ovos, e ademais empregábanse como ofrenda ritual nos cultos relixiosos. Aproximadamente a partir do 600 a. C. os polos foron levados alén dos Alpes e estendéronse polo resto de Europa.

> A pel do polo
A pel do polo
Quitándolle a pel ao polo eliminas 130 calorías e 15 gramos de de graxa por peituga. Aínda que contén vitamina B e selenio, nutrientes que axudan a protexer o noso organismo do cancro, é aconsellable tirarlles a pel ás pezas.
> O voo das galiñas
O voo das galiñas
Ao contrario que outros primos remotos da clase das aves, os polos perderon a habilidade de voar. O récord de voo dun polo sitúase nuns 13 segundos. Menos é nada.
> Para un polo perfecto
Amigos do polo
Herbas aromáticas: pirixel, salvia, romeu, alfabaca, loureiro, tomiño e maiorana.
Especias: curry, pemento doce, pementa, azafrán, comiño e cravo.
E, por suposto, o limón é o mellor amigo do polo!

Repouso e sal
Deixa repousar uns minutos o polo enteiro antes de cortalo e sazona antes de servir para que os zumes non escapen e o polo non seque.

Conservación
O polo cru non deberá permanecer máis de dous días na neveira. Se está cociñado, pode gardarse tres ou catro días.

Conxelación
Podes conxelalo durante tres meses como máximo; para desconxelalo, méteo na neveira durante a noite antes de cociñalo para que vaia desconxelando amodo. Retírao dúas horas antes para que tempere e se cociñe de xeito uniforme.

TIPOS DE PREPARACIÓN
PARTES DO POLO