Avigal
Vall Companys

Patrocinios

Seguindo a política de colaboración coa nosa sociedade e co apoio ao deporte base e afeccionado, Avigal patrocina diversas actividades deportivas.

Voluntariado Festa HQR 2016

A festa HQR é a festa do deporte que cada ano organiza o Diario de Pontevedra.

Reúne clubs de toda Galicia para facer competicións en todas as disciplinas deportivas: natación, wáter-polo, ximnasia rítmica, baloncesto, artes marciais etc. Organízanse como uns minixogos olímpicos durante os cales Pontevedra se enche de deportistas infantís e cadetes procedentes de toda Galicia.

A misión principal desta actividade é fomentar o deporte entre os máis pequenos. Grazas á presenza de grandes deportistas, permite que os futuros campións coñezan os seus ídolos e se adestren xunta eles.

Un dos piares fundamentais desta aventura é o dos voluntarios, pois sen eles non sería posible levar a cabo toda a organización necesaria nun evento que congrega tantas persoas. Na presente edición, Avigal contribuíu patrocinando precisamente o movemento de voluntarios, que alcanzou máis de cen inscritos.

www.hqr.es

Voluntariado Festa HQR 2016

Voluntariado Festa HQR 2016

Voluntariado Festa HQR 2016


Bicivoadores

Club de ciclismo afeccionado. Realiza rutas de BTT por toda a xeografía española. No ano 2009, un grupo de amigos decidiu federarse e crear un equipo para organizar rutas, competir en probas deportivas rexionais e gozar da bicicleta de montaña. www.bicivoadoresbtt.es

Avigal


Club Baloncesto Estudiantes BonPollo Pontevedra

O Club Baloncesto Estudiantes Pontevedra naceu no ano 2012 coa filosofía de ofrecerlle unha alternativa de lecer saudable á xuventude de Pontevedra ensinando a competir sen esquecer os valores que queren transmitir: traballo en equipo, solidariedade, sacrificio, respecto... www.estudiantespontevedra.com

Avigal


Equipo infantil do Teucro Balonmán Pontevedra

A Sociedade Deportiva Teucro fai 70 anos. Avigal, no noso afán de contribuírmos ao deporte base, colaboramos coa S. D. Teucro apoiando equipos da canteira. www.teucro.com



Club Naval Pontevedra

Club de longa traxectoria na cidade de Pontevedra. Integrado na Federación Galega de Piragüismo, o club conta con equipos en todas as categorías: infantil, cadete, xuvenil... www.clubnavalpontevedra.com

Avigal
Avigal


Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo

Unha das actividades principais desta sociedade é o tenis. O club pretende satisfacer todas as necesidades dos socios, desde os que buscan pasalo ben co deporte e o lecer ata o adestramento e preparación dos rapaces que se inician na Escola de Tenis. www.ccdsanxenxo.com

Avigal

Avigal

Avigal