Avigal
Vall Companys
Avigal

Integración e pensos

Avigal

Produción en vivo, da granxa á mesa

Pero, como é a produción? Como son as granxas?

O sistema de produción que empregamos coñécese como sistema integrado de produción. Trátase dun sistema de integración vertical onde a empresa (Avigal) é a integradora, e o gandeiro é o integrado.

A integradora é a propietaria do pito, do penso fornecido e dos servizos técnico-veterinarios necesarios para o desenvolvemento da actividade.

Por outra banda, o integrado contribúe coas instalacións, os consumibles (luz, auga, calefacción etc.) e mais a man de obra necesaria.

Deste xeito, Avigal envía ás granxas pitiños de un día, o granxeiro recíbeos na súa nave nunhas condicións determinadas e validadas polo servizo veterinario, e críaos ata que teñan o peso necesario para o seu sacrificio.

Durante este proceso, o gandeiro está permanentemente asesorado polo noso equipo veterinario.
Cabe mencionar que os pitos proceden de galiñas do Grupo Vall Companys, o penso fabrícase nas nosas instalacións de Pontevedra, os medios de transporte tanto de penso como de animais vivos pertencen ao Grupo, e o matadoiro onde se sacrifican é propio de Avigal.

Avigal Que nos permite a produción integrada?

Permítenos exercer un control estrito sobre todos e cada un dos actores que interveñen na produción: pitos, materias primas, penso, engorde etcétera.

O parque de granxas integradas con Avigal ten unha idade media de dez anos, e aproximadamente a metade das explotacións teñen menos de cinco anos. O resto delas adaptáronse ou están en proceso de modernización para cumpriren os estándares actuais de produción.

Nestes momentos contamos cun dos parques de granxas máis modernos de España.

Avigal Como son as naves?

Na procura da máxima eficiencia técnica e medioambiental, decantámonos por naves de ambiente controlado con ventilación lonxitudinal.
Este tipo de naves permítennos controlar de xeito moi eficaz o ambiente do interior e reducir de maneira significativa os custos enerxéticos proporcionando unhas condicións de benestar animal óptimas.



Cales son os obxectivos de Avigal vivo?
Avigal
    1. Axudar á fixación da poboación no rural.
    2. Manter a saúde e o benestar das aves.
    3. Manter elevados estándares de bioseguridade nas explotacións.
    4. Lograr o máximo rendemento das aves durante o seu crecemento.
  1. Co noso crecemento continuo contribuímos a que a xuventude galega decida quedar a vivir nas zonas rurais de onde son naturais e, nalgúns casos, atraer mozos que abandonan a cidade na procura dunha vida en contacto coa natureza, dunha vida diferente.

  2. É fundamental a prevención das doenzas, e para iso o primeiro en que temos que traballar é na bioseguridade.
    Ademais, traballamos buscando e adecuando todos os factores que afectan ou poden afectar o benestar animal: densidade, calidade da cama, calidade do aire, luz etcétera.

  3. O noso departamento técnico, consciente da importancia que ten a bioseguridade, ademais de vixiar e apoiar os nosos granxeiros contribúe cunha misión formativa explicando e compartindo os seus coñecementos con todos os nosos colaboradores.

  4. Para lograrmos un bo rendemento das aves necesitamos:
    Unha dieta natural e equilibrada baseada en diversos cereais (trigo, millo, orxo, soia...); un bo manexo nas prácticas da alimentación e da subministración da auga; manexar o ambiente de xeito que se lles garantan ás aves todos os requisitos de ventilación, calidade do aire, temperatura e espazo necesarios para a súa comodidade.


Fábrica de pensos

A fábrica de pensos de Avigal dedícase á produción de penso para o autoconsumo. Conta co apoio dos equipos de compras, nutrición, calidade e transporte de Vall Companys.

Avigal CONTROL DE MATERIAS PRIMAS:
Na recepción de materia prima realízase un rigoroso control da documentación e da mercancía que chega ás nosas instalacións. Tomamos mostras da materia prima para analizar os parámetros reflectidos nos nosos sistemas de control de calidade; se hai algo que incumpra os nosos estándares de calidade, a materia prima rexéitase.







Avigal FABRICACIÓN:
Todo o proceso de fábrica, desde o comezo -recepción da materia prima- ata a fin -expedición do penso- está totalmente automatizado. Así garantimos a total rastrexabilidade dos lotes de penso, engadímoslle seguridade ao proceso e evitamos incompatibilidades.

A alimentación dos nosos polos está baseada en cereais, leguminosas e aceites de primeira calidade, evitando o uso de subprodutos. Deste xeito garantimos unha perfecta alimentación das nosas aves.

O proceso de produción consta de varias fases: dosificación, moedura, mestura, granulación (onde hixienizamos as fariñas mediante vapor), arrefriamento e peneiramento do gránulo.

Avigal SEGURIDADE ALIMENTARIA:
A fábrica de pensos de Avigal forma parte da Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos e participa mediante esta asociación no programa GMP GALICIA ALIMENTOS SEGUROS.

Realizamos análises periódicas dos cereais mediante NIRS (Near-infrared reflectance spectroscopy), unha técnica non destrutiva que nos permite analizar diferentes parámetros analíticos tales como proteína, fibra, graxa, cinza, humidade, amidón etcétera.

Dispomos dun centro de desinfección autorizado para o noso transporte, e grazas a el garantimos a perfecta desinfección no transporte realizado antes de cada carga con destino ás granxas.