Avigal
Vall Companys
Avigal
Bon Pollo Gourmet
Porque ten tanta importancia a túa alimentación coma a das aves que consomes, en Bon Pollo apostamos pola saúde dos nosos polos.
Avigal


Sabías que...?

Somos o que comemos

Porque ten tanta importancia a túa alimentación coma a das aves que consomes, en Bon Pollo apostamos pola saúde dos nosos polos.
  • Grazas á súa alimentación 100 % vexetal. A mellor alimentación tradicional e vexetal, coas materias primas máis selectas.
  • Grazas aos esixentes controis de calidade. Todo isto fai que o polo Gourmet sexa un produto de alta calidade co sabor de sempre.
  • Polo seu incrible sabor. Os cereais como o millo, os aceites vexetais e as proteínas da soia danlle á carne un sabor exquisito e natural.


Polo certificado Gourmet

Que é o polo certificado

É un polo criado e sacrificado con rigorosos estándares e controis de calidade.

Con alimentación vexetal e unha coidadosa selección que garante que todo o polo certificado cumpra os requisitos de calidade.

Rastrexabilidade: desde a granxa ata o consumidor, podemos seguir todo o proceso produtivo co número de rastrexabilidade.

Quen nos certifica

O selo Galicia Calidade

www.galiciacalidade.es








Que certifica

  • Alimentación vexetal:
    • Mínimo de 65 % de cereais: millo, trigo, orxo...
    • Soamente aceites de orixe vexetal
    • Oleaxinosas e leguminosas: soia, xirasol, chícharos...
    • Vitaminas e minerais.

  • Rastrexabilidade: co número de rastrexabilidade presente en cada etiqueta podemos saber cal é a incubadora de procedencia, a granxa en que se criou, os lotes de pensos con que se alimentou, data e condicións de matanza... isto é, un seguimento do 100 % en cada animal.

  • Minuciosa selección do produto finalizado.

  • Controis de calidade frecuentes en todas as etapas do proceso: no nacemento, na crianza, no sacrificio e no produto final.