Avigal
Vall Companys
As actividades de Avícola de Galicia céntranse na obtención e comercialización de produtos cárnicos avícolas e a fabricación de pensos. Para iso dispón de tres centros de produción:
  • Polo vivo.
  • Matadoiro.
  • Fábrica de pensos.
O obxectivo principal de Avícola de Galicia é realizar estas actividades co compromiso de cumprir os requisitos legais aplicables, así coma calquera outro que a organización subscriba, cos máximos niveis de calidade para asegurar a produción de alimentos seguros, incorporando como valores diferenciados o respecto e coidado do medio ambiente e o benestar animal, a capacidade técnica, a intelixencia, a imaxinación e as solucións innovadoras que lle permitan á empresa situarse na mellor posición do mercado, orientando os seus esforzos á identificación e satisfacción dos requisitos e necesidades dos nosos clientes.

Obxectivos xerais
A política de calidade, seguridade alimentaria e medio ambiente forma parte da política global da empresa. Mediante as directrices e métodos definidos no contexto do seu sistema integrado de xestión, Avícola de Galicia pretende alcanzar os seus obxectivos.

A asunción desta política e a responsabilización de todos na súa implantación son requisitos imprescindibles para cumprirmos a nosa misión e alcanzarmos os obxectivos previstos.

Certificacións de calidade
O Sistema Integrado de Xestión de Avícola de Galicia, S. A. U. establécese consonte os requisitos aplicables nas seguintes normas:
  • UNE-EN ISO 9001:2008. Sistemas de xestión de calidade.
  • UNE-EN ISO 14001:2004. Sistemas de xestión ambiental.
  • UNE-EN ISO 22000:2005. Sistemas de xestión da inocuidade dos alimentos.
  • Prego de condicións de Galicia Calidade.
  • Cumprimento dos requisitos dos clientes.