Formatos e envasado

En Avícola de Galicia adaptámonos ás necesidades dos nosos clientes tanto para a industria e a restauración como para o consumidor final. Temos unha ampla variedade de formatos de envasado fresco como a granel, paquete de cartón, bandexa de poliexpán, bandexa de pet con atmosfera protectora, baleiro, caixa de cartón de 5 e 10 KG. e poliblock. E os nosos envases conxelados de caixa de cartón de 5 e 10 KG. e poliblock.

Granel

A Granel

Produto fresco presentado en caixa AVIGAL e protexido por unha bolsa de plástico. O polo envásase por número de aves, segundo o calibre. O despezamento é de 15 kg para todos os produtos agás as alas, que van a 10 kg.

Paquete de carton

Paquete de carton

Produto presentado en formato máis pequeno, en caixa de cartón e protexido por unha bolsa de plástico. Paquete de 3,5 kg (aprox.) para o filete, de 4 kg (aprox.) para os zancos e de 2,5 kg (aprox.) para as alas.

Bandexa de poliexpán

Bandexa de poliexpán

Produto presentado en bandexa de polistireno expandido e envolto en filme. Formato mediano e familiar.

Bandexa de PET con atmosfera protectora

Bandexa de PET con atmosfera protectora

Produto fresco presentado en bandexa de PET e termoselado con filme de alta barreira e antibafo. Con atmosfera protectora.

Baleiro

Baleiro

Produto fresco presentado en plástico termoformado ao baleiro. Bolsa grande de 5 kg e bolsa pequena de 2 kg (aprox.).

Caixa de cartón de 5 kg.

Caixa de cartón de 5 kg.

Características O produto preséntase colocado e laminado para que resulte doado separar cada peza. Vida útil do produto 24 meses

Caixa de cartón de 10Kg.

Caixa de cartón de 10Kg.

Características O produto preséntase en bloque de 10 kg
Vida útil do produto 24 meses

Poliblock

Poliblock

Características O produto preséntase conxelado en bloque. Protexido por unha bolsa de plástico azul.
Vida útil do produto 24 meses